Obxectivo
Imos crear pezas con simetrías na súa xeometría
Ferramentas:
Mirror
Esta ferramenta <<Mirror>> realiza simetrías de xeometría, isto é moi útil para figuras simétricas nas que solo haberá que debuxar a metade do Sketch.
Para realizar a simetría primeiro teremos que ter unha liña de simetría (liña media), a que seleccionaremos, e posteriormente seleccionaremos a xeometría para facer a simetría.
Linear pattern
Esta ferramenta <<Linear pattern>> permítenos facer repeticións de perfiles aliñados seguindo direccións, desprazamento e eixo.
A segunda opción é a mesma, pero seguindo unha guía circunferencial.
Práctica:
- Crea un novo documento co nome Peza03.
- Crea un novo esbozo, Sketch, no botón <<Sketch>>.
- Selecciona o plano onde imos a traballar, neste caso en Top. Fai clic co botón dereito enriba do plano Sketch 1, e selecciona <<View normal to Sketch plane>>.
- Debuxa un rectángulo centrado no orixe de coordenadas, de 175mm x 130mm.
- Crea unha circunferencia de 15mm de diámetro, situada a 25 mm de cada lado do rectángulo.
- Fai clic en <<Linear pattern>>, cambia o valor de 3x en horizontal cara a dereita, por 6, e 1x en vertical cara abaixo por 3.
- A distancia entre circunferencias en horizontal é de 25 mm, e en vertical de 40 mm.
- Para rematar de definir esta ferramenta fai clic co botón esquerdo do teu rato.
Como podes ver, o teu esbozo aparece en negro. Iso quere dicir que está totalmente definido e pechado. Se aparecese en azul algunha parte do teu esbozo, significaría que non está totalmente definida a acotación. E se aparecese algunha cota en gris claro quere dicir que ese dato está de máis, non é necesario, xa que outras cotas definen totalmente a peza. - Agora démoslle volume. Coa ferramenta <<Extrude>>, creamos un volume de 10 mm de espesor.
Exercicios complementarios
Crea as seguintes pezas:
Reto:
Serás quen de crear esta peza?