Introdución
A continuación podedes atopar información para a instalación e configuración de CURA, que é un programa “Open Source” para a comunicación coa impresora e o laminado de obxectos 3D. Dende este programa poderedes realizar todos os pasos necesarios para pasar dun modelo 3D a un obxecto real.
Para sacar o máximo partido á vosa impresora 3D, ademais de tela ben nivelada e configurar correctamente o firmware, é necesario que axustedes os parámetros do programa que usedes como laminador, xa que dependendo das características da vosa impresora estes parámetros poden variar en gran medida.
Descrición do Software
Cura é un software aberto (Open software) desenvolvido por Ultimaker que permite transformar modelos 3D en instrucións entendibles pola maioría de impresoras 3D, permitindo xerar un obxecto físico a partir do seu modelo xerado por ordenador.
Formatos admitidos
Cura é compatible cos seguintes tipos de ficheiro:
- .STL (Este arquivo é soportado pola maioría de programas de deseño 3D)
- .OBJ
- .DAE
- .AMG
Un arquivo .STL non é un formato de sólido, é un formato con infinidade de puntos da superficie externa da peza que queremos imprimir.
Para converter un arquivo de sólidos a STL é necesario un programa CAD, o programa da impresora non realiza estas conversións.
Instalación
Primeiramente, descarga o software gratuíto da páxina: cura-software ou de cura-software/list
Este software está dispoñible para Windows, Linux e Mac (a instalación inclúe o controlador para Arduíno).
Instalación en Linux
Instalación en Linux
En Linux non fai falta instalar nada. Só hai que descargar o ficheiro AppImage, situalo no escritorio (ou onde queiras) e darlle permisos de execución.
Instalación en windows
Instalación en windows
Unha vez descarguemos a instalación teremos que seguir os seguintes pasos:
Na primeira fiestra vainos a aparecer a ruta onde queremos instalar o programa. Podedes indicarlle unha ruta ou deixar a que trae por defecto.
Na seguinte pestana van aparecer os compoñentes que se desexan instalar. Ademais de instalar CURA, o instalador dá a opción de instalar os drivers de Arduino e soporte para abrir diferentes formatos. Recoméndase marcar polo menos a opción para abrir arquivos en formato STL, xa que é o formato máis común.
Unha vez pulsado o botón instalar, a instalación empezará automaticamente. Ao terminar coa instalación dos drivers, abrirase unha última fiestra que nos indica a finalización do proceso de instalación e daranos a opción de executar o programa por primeira vez.
Asistente de configuración inicial
Unha vez instalado o software, ao executarse o programa por primeira vez, vaise a abrir o asistente de configuración inicial, onde se vai a indicar ao software parámetros básicos que van depender do tipo de impresora.
Na segunda pestana do asistente de configuración, debedes seleccionar o modelo da vosa impresora. Se a vosa impresora non é unha Ultimaker ou unha Printbot, seleccionar en “Other” e abrirase outra fiestra con máis opcións.
Para a impresora Legio León 3D dotación dos institutos seleccionar Prusa i3
Se o voso modelo de impresora non se atopa entre os anteriores, seleccionar “custom” e abrirase unha pestana onde debedes de indicar os parámetros básico da vosa máquina, como o volume de impresión, o tamaño da boquilla do HotEnd ou se posúe cama quente ou non.
Unha vez completado o asistente de configuración, xa teredes CURA totalmente operativo.
Cambiar o idioma
Podemos cambiar o idioma da contorna do noso programa Cura. No menú Preferencias > Configurar Cura…
Configurar o programa coas dimensións da nosa impresora
Unha vez elixida a nosa impresora podemos tamén configurar manualmente as dimensións da nosa impresora, seguindo os seguintes pasos:
Acceder ao menú Preferencias > Impresoras, seleccionamos na lista a nosa impresora, fai clic no botón de <<Ajustes de la máquina>>
Aparecerá unha fiestra na que introduciremos os datos relativos a nosa máquina. Por exemplo, para unha Bq Prusa i3 Hephestos os datos serían por defecto os da imaxe, pero podemos necesitar cambialos se cambiamos o tamaño do nozzle de 0,4 a 0,6, ou se lle engadimos o accesorio de cama quente, por exemplo.
Uso do rato
Para poder comezar a funcionar co programa será necesario saber as seguintes combinacións do rato para facilitarnos a visibilidade e orientación das pezas:
- Zoom: realizase co «Scroll» do rato, dándolle a roda cara adiante (+Zoom) e cara atrás (-Zoom), outra maneira e mantendo clicado o «Scroll» mover o rato cara adiante (+Zoom) ou cara atrás (-Zoom).
- Rotar a vista: realizase mantendo clicado o botón dereito do rato e xirando en orbita o rato.
- Arrastrar pezas: realizase pulsando sobre a peza e arrastrando a mesma a onde sexa queira.
Contorna do Programa
Cando iniciamos CURA, se xa configuramos os parámetros básicos do asistente de configuración, vainos aparecer a pantalla na que xa podemos traballar.