Que é Onshape?
Onshape é un programa de deseño CAD 3D na nube.
Esta aplicación online de CAD 3D foi desenvolvida polo equipo fundador de SolidWorks. Funciona sobre un navegador web (Chrome, Safari, Firefox) e en calquera ordenador (Windows, Mac, Linux, Chromebook), non hai que descargar nin instalar software nin licenzas.
Todos os proxectos quedan gardados de forma automática e segura na nube e están sempre up-to-date, para que poidas cambialos no teu teléfono, tablet ou no navegador web. Tamén podes compartir os documentos con outras persoas e traballar sobre as mesmas pezas e montaxes en tempo real.
Rexistra unha conta na web: https://www.onshape.com/
Ou baixa a aplicación Onshape no teu teléfono ou tablet Android ou iOS, e despois rexistra unha conta.
Como deseñar en 3D?
O procedemento é o mesmo que en calquera programa CAD: a partir dun esbozo (elemento 2D)
crearemos un sólido que poderemos seguir modelando mediante as ferramentas de transformación
(redondeo, chafrán, booleana,…) se sexan necesarias.
Pódese tamén traballar sobre sólidos feitos por outras persoas ou en outros programas, e editar o que se desexe.