OpenSCAD é un software para crear modelos CAD 3D sólidos mediante liñas de código.
Permite crear modelos paramétricos, recorrentes, aleatorios, … que cun software de debuxo clásico serían complicados de desenvolver.
A contorna de desenvolvemento ten unha zona de programación. Para ver o resultado prememos F5. Para renderizar F6. Tamén podemos exportar os modelos en formato STL para imprimir.
Resumo da sintaxe utilizada: http://openscad.org/cheatsheet/index.html
Nas seguintes páxinas iremos facendo unhas prácticas.