Outras maneiras de crear volume: Revolución

Obxectivo:

Imos a facer as seguintes pezas!

cilindro doble-cono   flotador revolucion-letra

ferramnetas-volumeFerramentas:

Estas ferramentas son as que usaremos para dar volume os nosos esbozos.

A ferramenta <<Revolution>>, é a que imos a utilizar nesta práctica. Permite dar volume á xeometría 2D creada coa lonxitude desexada, nunha dirección concreta e, se fose preciso, con ángulo de saída.

Podemos delimitar o alcance da nosa revolución. Se fas clic na frecha da dereita de Full, aparecen varias opcións:

  • Full: rota o perfil 360º, creando unha figura de revolución completa.
  • One direction: o perfil revoluciónase un ángulo dado e nunha dirección dada.
  • Symmetric: o perfil revoluciónase un ángulo dado simetricamente dende o plano no que está contido. (OLLO, se se pon 50º, revolucionará 25º nunha dirección e 25º noutra).
  • Two directions: o perfil revoluciónase en dúas direccións a partir de dous ángulos dados, un para cada dirección e partindo sempre dende o Sketch.

Esta mesma ferramenta permite facer a operación contraria, que é facer buracos a partir de xeometría 2D nun sólido.

Práctica:

Imos debuxar!

  1. Crea un novo documento co nome Revolucion.
  2. Crea un novo Sketch, no botón <<Sketch>>.
  3. Selecciona o plano onde imos a traballar, neste caso en Front. Fai clic co botón dereito encima do plano Sketch 1, e selecciona <<View normal to Sketch plane>>.
  4. Debuxa un rectángulo cun dos seus lados separado 10 mm do eixe Z, de 25mm x 35mm.
  5. Necesitamos o eixe de revolución. Para facelo, fai clic na ferramenta <<Construction>>, e seguidamente debuxa unha liña coincidente co eixe Z (lembra que é unha liña auxiliar, aparece con este aspecto  —·—·—·—·—·—).

Xa estamos listos para darlle volume!Lembra cambiar a túa vista a Trimétrica.

Revolución!

  1. revolveFai clic na frecha da dereita da ferramenta de <<Extrude>>, e selecciona <<Revolve>>
  2. Imos a crear un sólido novo.En Face and sketch regions to revolve, seleccionamos o sketch 1.
  3. En Revolve axis, seleccionamos a liña auxiliar debuxada. Nós imos seleccionar Full, e xa temos o noso cilindro!

Exercicios complementarios

Crea os seguintes sólidos

doble-cono   flotador

Retos

Serás capaz de crear as seguintes figuras?

revolucion-letra

Dúas pistas: Utiliza a ferramenta <<Text>>, no skecth para escribir a palabra Revolución ou o teu nome. Como farías para que as letras queden todas unidas?

Fíxate nestas opcións

pista-revolucion-letra


Deixa un comentario