Configuración de impresión

Ter unha configuración adecuada á hora de laminar a peza que queremos imprimir é case tan importante como ter a impresora ben calibrada. Unha configuración deficiente ou que non se adapte ás características da nosa impresora e peza vai dar como resultado impresións de mala calidade. Para saber os parámetros exactos cos que a nosa máquina traballa ben non queda outra que facer probas ata conseguir os valores aos que saquemos a máxima resolución.

Os valores que mostramos a continuación son valores orientativos e que na maioría dos casos darán bos resultados, pero cada máquina ten unhas características concretas e pode que estes valores non saquen o maior rendemento da vosa máquina.

Inicialmente, Cura ofrécenos unha configuración recomendada para a nosa impresión, pero podemos personalizar os nosos parámetros para así optimizar a calidade da impresión e o tempo de impresión na opción Personalizado.

configuracion-recomendada

Perfil de impresión propio

Imos crear o noso propio perfil de impresión. Eliximos “personalizado”, un perfil medio, por exemplo “Fine”, e “Crear perfil a partir de axustes actuais”, poñemos un nome e gardámolo. Despois iremos modificando os valores por defecto e adaptándoos ás nosas pezas.

 

Nas seguintes páxinas falaremos de cada un dos parámetros cunha breve explicación da súa influencia no proceso.


Deixa un comentario