Desprazamento
Estes parámetros axustan o desprazamento do cabezal de impresión pola peza que se está imprimindo.
Un parámetro interesante é o “Modo Peinada“, que fai que o cabezal se mova dentro do perímetro impreso da peza para non deixar residuos entre ocos baleiros e reducir o tempo de impresión, pero tamén pode deixar marcas na superficie.
Se seleccionamos a opción “sen forro” evitamos que o nozzle ou boquilla pase por riba das partes impresas das capas superior e inferior cando se despraza e que deixe feas marcas.
Se non queremos que a boquilla pase en ningún caso por riba da peza cando se despraza podemos seleccionar “evitar partes impresas al desplazarse”, pero poden quedar marcas na parede.
Refrixeración
A calidade do resultado final tamén está moi relacionada coa refrixeración: despois de depositada unha capa ten que transcorrer o tempo suficiente para que o filamento depositado se arrefríe o necesario para poder soportar unha nova capa.
Recoméndase ter activada a refrixeración e imprimir a unha velocidade lenta. Isto é especialmente importante en paredes inclinadas e partes con pouca sección, como a da imaxe.
Podemos axustar o tempo mínimo de capa. Por exemplo, no caso dunha peza cunha sección moi pequena cos parámetros por defecto vai ser moi difícil que as capas se arrefríen o suficiente antes de que volva a pasar o cabezal. Axustando un tempo mínimo de capa facemos que a velocidade se faga máis lenta neses casos ou incluso que o cabezal se levante para agardar a que arrefríe, evitando así que a peza se deforme.
Outra opción neste tipo de pezas é imprimir varias ao mesmo tempo, ou imprimir ao seu carón un cilindro da mesma altura. Desa maneira dálle tempo a arrefriar mentres está imprimindo a segunda peza.