Probando as ferramentas de creación de xeometría 2D
Imos facer as nosas primeiras liñas…
Vai creando a túa primeira proba.
Liñas:
Con esta ferramenta crearemos liñas. O primeiro clic define o primeiro punto e para darlle o segundo punto fai un clic máis onde se desexe. Posteriormente darémoslle as relacións pertinentes.
Se non lle damos á tecla de ESCAPE, cando completemos unha liña volverá a facer unha liña que parta do punto final da anterior.
Rectángulos:
Con esta ferramenta crearemos un rectángulo, esta icona ten un menú despregable con dúas opcións; coa primeira icona o punto que seleccionemos será o vértice do cadrado, coa segunda o punto que seleccionemos será o centro do cadrado.
A opción de cadrado de centro é moi útil para facer un cadrado sobre a orixe ou facer un cadrado centrado.
Circunferencias e elipses:
Esta ferramenta permítenos crear circunferencias e elipses. Ten un menú despregable onde encontraremos 3 opcións:
- A primeira crea unha circunferencia con centro onde fagamos clic.
- A segunda crea unha circunferencia que pasa por 3 puntos dados.
- A terceira crea unha elipse que pasa por 3 puntos no seguinte orde: Centro, Eixe maior, Eixe menor.
Arcos
Con esta ferramenta crearemos arcos de circunferencia. Esta opción ten un menú despregable con 3 opcións:
- 1ª opción: arco que pasa por 3 puntos, o primeiro e o segundo punto define os extremos, e o terceiro o radio.
- 2ª opción: arco tanxente (a unha recta, unha semicircunferencia…) que pasa por un punto; o primeiro punto é o que será tanxente e o segundo estará contido.
- 3ª opción: arco que pasa por 3 puntos, o primeiro punto define o centro do arco, e o segundo e o terceiro o inicio e fin.
- 4ª opción: arco cónico, o primeiro punto define onde comeza, o segundo punto define onde remata, e o terceiro a forma do elemento cónico (o valor por defecto é 0.5, ter en conta que o número Rho ten que ser maior que 0 e menor que 1).
Polígonos
Esta ferramenta permítenos crear polígonos de 3 a 50 lados, que poderán ser inscritos (1ª opción) ou circunscritos (2ª opción).
O procedemento é sempre o mesmo:
- Clic onde desexamos situar o centro.
- Clic no diámetro aprox. da circunferencia.
- Mover o rato para indicar o número de lados.
- Clic e listo.
Curvas
Esta ferramenta «Spline» serve para crear curvas a través de puntos, estas curvas manteñen a tanxencia sempre co seu tramo anterior, estas se definen mellor cantos máis puntos se seleccionen. Incluso unha vez realizada pódense engadir máis puntos na segunda opción do menú despregable.
Puntos
Con esta ferramenta crearemos puntos que nos poden axudar para realizar arcos ou Splines. Faise clic aproximadamente onde se desexe situar o punto e acótase posteriormente.
Textos
Isto nos permite crear textos con varios tipos de letra. O proceso de creación é sinxelo, como se se crease un rectángulo escribindo posteriormente o texto que desexamos e acoutando o rectángulo no que é contido.
A relación de aspecto do texto sempre se mantén.