Botóns

Podemos utilizar a impresora 3D para crear botóns personalizados para a nosa roupa. As prendas quedarán máis orixinais e persoais.

Estes da imaxe están feitos utilizando patróns circulares e lineais. Para imprimir en dúas cores debes pausar a impresión, cambiar o filamento e seguir imprimindo.

Anímaste a facer os teus?