Caixas

Caixas decorativas

Podes facer unhas caixas con tapa e personalizalas como desexes. Hai moitos modelos posibles. O máis sinxelo pode ser este no que a tapa ten unha parede interior que encaixa na caixa.

  • O espesor da parede é de 3 liñas de impresión 0.4×3=1.2 mm. Podemos poñer mellor 1.21 para que ao exportar a STL non baixe de 1.2 mm.
  • A distancia desde a parede exterior ata a parede da tapa pode ser máis pequeno para que quede máis cerrada, ou maior para que quede máis folgada. Neste caso puxemos 0.4mm de separación, algo xusto.
  • A base da caixa é de 3 capas. Se usamos 0.25mm de altura de capa, o espesor da base e da tapa será de 0.75 mm.
  • Despois podes decorar a caixa ou a tapa con un debuxo.

Neste exemplo utilicei os modelos do proxecto 100hex para facer unhas caixas nas que as tapas encaixan e nas que se pode cambiar a decoración:

Pero hai milleiros de modelos diferentes que podes facer. Podes utilizar múltiples xeometrías e facer a tapa apoiada, que encaixe, que esvare por unhas rañuras, … Consulta en thingiverse para inspirarte, pero non copies, fai a túa caixa propia e persoal.

Procura sempre deixar un pouco de folgura entre a tapa e a caixa para que encaixen ben.

Caixas para os circuítos electrónicos

Ten en conta que as caixas non teñen por que facerse cunha finalidade decorativa. Tamén nos serven para os nosos proxectos e de feito xa fixemos unhas cantas para os proxectos de tecno. Por exemplo nesta foto podes ver o panel de mando do proxecto do ascensor. Ten tres botóns, un display de 7 segmentos mais o rexistro de desprazamento e dous leds. Pódese abrir pola parte de abaixo para fedellar nos cables.

panelcontrol_ascensor