Colgadoiros

Cando abrimos o local da Industriosa deime de conta de que non tiñamos onde colgar os abrigos. Nunha asociación maker non se me ocorreu dicir que había que mercar un, había que facelo! Puxémonos man a obra e, coas achegas da xente, montamos 16 colgadores impresos en 3D.

Pode ser unha idea para facer nun instituto. Os colgadores que nos envía a Xunta son ben feos (aínda que funcionais e resistentes). Facemos o noso para a aula de tecno? Velaquí vai a proposta:

Imos colocar oito colgadores nunhas madeiras de 120 x 960 mm. Cada colgador irá separado 120 mm do seguinte. Para que non choquen entre si cada colgador debe caber nun cubo de 100 mm de lado.

Podes inspirarte buscando modelos en thingiverse (busca wallhanger ou colgador), pero debes debuxar o teu propio modelo.

Ten en conta no deseño que debe ser suficientemente resistente como para soportar un abrigo ou unha mochila. Tamén pensa onde van os tirafondos e se queres que queden tapados.

Hai dous modelos posibles:

en forma de pomo

ou en forma de gancho

Coida que non queden os tirafondos á vista, facendo algunha peza que encaixe e os tape.

A ver o que nos sae!

[Actualización] Algúns dos modelos deseñados (curso 19/20): Aproveitamos para encher ocos nos colgadoiros existentes. Algúns colgadores fixéronse utilizando poliedros.