O reto de impresión 3D da OSHWDem 2018 consistiu na construción dun mural de engrenaxes movidos por un motor. Neste enlace tes a descrición do reto.
No IES Primeiro de Marzo participamos cos nosos deseños:
Pode ser unha idea construír un tren de engrenades no instituto. No artigo “As engrenaxes polo miúdo” explico o procedemento a seguir para calcular os parámetros necesarios.
Para debuxar as engrenaxes utilizamos un engadido de Onshape. Para instalalo tes que abrir un documento novo e premer no [+] que aparece no menú superior, á dereita.
Despois busca “FeatureScript Spur Gear” e selecciónao. Despois preme en “Spur Gear” e verás que se engade unha icona na parte superior do menú.
Cando premes na icona de Spur Gear aparecerá un menú no que podes engadir os parámetros da túa engrenaxe.
Despois utilizamos un patrón circular para crear as diferentes xeometrías e eliminamos as áreas nas que queriamos deixar o oco.
Neste vídeo podes ver o resultado do mural mecánico da OSHWDem 2017:
View this post on Instagram