Mosaicos

Os teselados son unha aplicación moi vistosa da xeometría. Podemos debuxalos para fabricalos con impresión 3D dándolles un espesor de 2mm ou utilizar a cortadora láser.

Teselacións regulares:

Debuxa polígonos de 20 mm de lado e dálles 2mm de espesor. Necesitarás triángulos, cadrados, hexágonos, octógonos e dodecágonos para formar as seguintes teselacións regulares. Unha vez impresas pégaas sobre cartón ou cartón-pluma, recorta o sobrante cunha coitela e decora a parede da aula.

Teselacións irregulares

Podes intentar facer este mosaico con trapecios:

Francois Stone Mosaic é moi chulo, pois sendo unha figura plana semella ter volume

O pentágono regular non pode formar unha teselación regular, pero podemos facer a teselación do Cairo con pentágonos irregulares:

Tamén podes intentar facer o mosaico derivado de Penrose.