A partir dun hexágono de 60 mm de lado e 2 mm de espesura podemos crear múltiples debuxos e xeometrías e construír un mural para unha parede do instituto. No proxecto 100Hex hai moitas pezas para descargar, pero o máis interesante é que sexa o alumnado quen debuxe as pezas e crear un mural personalizado.
Este mural foi un proxecto persoal para a miña casa. Despois propúxose como reto 3D da OSHWDem 2017 coa contribución de moitas persoas (Podes ver o resultado no maker space de Bricolabs do Museo Domus na Coruña) e estase a construír en moitos colexios con pezas personalizadas. Pode ser unha idea a desenvolver.
Mural 100Hex en MVPSchool: