Sistema diédrico

PezasHai alumnos e alumnas que teñen dificultades para visualizar mentalmente as vistas dunha peza no sistema diédrico. Grazas á impresora 3D podemos debuxar e imprimir as pezas de clase para poder velas con claridade desde distintos ángulos.

 

As pezas coas que traballamos na ESO son moi sinxelas de debuxar, e tamén podemos animarnos a obter as que usan en Debuxo Técnico de Bacharelato. Cos modelos impresos o sistema diédrico será máis fácil.

Podes utilizar estas pezas como modelo. Cada cadrado corresponde a 10 mm de lado.