Densidade de recheo
Este valor indica a porcentaxe de recheo que vai ter a figura. Para aforrar plástico nunca se fan as pezas macizas. O volume restante despois do espesor da parede énchese con diferentes patróns que podes seleccionar.
O recheo vai repercutir directamente no tempo de impresión e no custo da peza, pero ao mesmo tempo fai minguar a súa resistencia, polo que debemos utilizar un recheo axeitado ás características mecánicas que queiramos conseguir.
Para creacións artísticas, figuras ou elementos decorativos ou para pezas que non vaian sufrir esforzos podemos usar un recheo do 20%, mentres que para pezas que deban soportar moito peso ou esforzos podemos darlle un 80% de recheo.
