tecnoloxia.org

Tecnoloxía na Educación Secundaria

Lámpada con tubos e billas

Os períodos de vacacións son un bo momento para cacharrear, e se podemos aproveitar o material de refugallo para facer cousas novas mellor que mellor.

Hoxe atopei en technabob.com un deseño que me gusta: lámpadas fabricadas con tubos e pezas de billas. Acéndense e apáganse, como non podería ser doutro xeito, mediante unha chave de paso.

Aquí tes unhas fotos:
(Ver en slideMyPics)

A ver se atopo material para facerme unha lámpada destas.
Algunha idea máis para fabricarse unha lámpada de escritorio?


2 Comments

  1. Non sei absolutamente nada de tecnoloxía, pero descubrín hoxe esta páxina e paréceme do máis interesante, e iso que só a mirei por riba.
    Vése ben que quen está detrás dela disfruta moitísimo co que fai. ¡Felicítote sinceramente!

  2. Benvido a este sitio, Xurxo.
    É certo que disfruto co que fago, e alégrome de que iso se transmita. Grazas polo comentario :-)

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.