tecnoloxia.org

Tecnoloxía na Educación Secundaria

Laranxas para cargar a batería dun iPhone

Algunha vez temos feito en clase o experimento de acender un LED cun limón, e hai tempo faleivos da escultura de patacas de Kristof Kintera.

Pois hoxe temos un cargador para o iPhone feito con 2.380 anacos de laranxa:


[youtube: Orange Fruit Batteries Power An iPhone]

Non se trata de conectar en serie as laranxas sen máis. Para cargar a batería dun iPhone temos que acadar unhas voltaxes específicas en cada cable do conector:

conector_iphone.png
terra=0V, D+=2V, D-=2.5V e V+=5V.

Así que cómpre facer os cálculos e medidas necesarias para lograr eses valores coas laranxas.

Andar con laranxas é bastante engorroso, así que se non temos cargador sempre podemos recorrer á electrónica, como nos explican en raton.cl. Alí móstrannos uns sinxelos circuítos para cargar o iPhone cun conector USB (usa asociación de resistencias como divisoras de tensión) ou co conector do coche (utiliza un regulador de tensión).

cargador_iphone2.pngcargador_iphone1.jpg


3 Comments

  1. Moi bo o artigo sobre a carga do iPhone, o video esta moi logrado. Saudos

  2. ¿Vas a hacer el montaje de las naranjas en tu clase? ¿Cuánto tiempo crees que tardará en cargarse el iPhone?

  3. Sergio, en clase non temos recursos de última tecnoloxía como os iPhones para probar.

    Esta práctica téñoa feito en clase cos máis pequenos, pero para acender un LED. Un curso tamén puxemos a funcionar un reloxo dixital dos chinos.
    Tamén temos probado con laranxas, mazás, patacas, … e medir a tensión creada, e o que mellor funciona é o limón.
    É unha práctica moi doada de facer. En bioloxía aprenderán as propiedades nutritivas da froita, pero en tecno sacámoslles as súas propiedades eléctricas ;-)

Deixa una resposta a Jose Cancelar a resposta

Required fields are marked *.