tecnoloxia.org

Tecnoloxía na Educación Secundaria

Libro: Computación Física en Secundaria

Vía BricoGeek atopei o Libro Computación Física en Secundaria, de Marco Antonio Rodriguez.

Inclúe interesantes e orixinais proxectos e explica as instrucións básicas de programación de xeito moi claro e sinxelo, polo que pode resultar útil para xente que se está a iniciar con arduino.

Ten algunhas prácticas con PHP+MySql, e proxectos con ScratchBoard e con Arduino+Processing.

picoboard.pngScratch é un entorno de programación visual pensado para nenos e nenas de primaria, anque tamén pode valer para secundaria. O que non coñecía é a existencia da placa controladora PicoBoard o ScratchBoard para deseñar animacións e xogos que responden aos datos procedentes do exterior.

Gustoume moito o proxecto do cacto virtual que medra cada vez que regas unha maceta provista dun sensor de humidade.

cactus_scratch1.jpgcactus_scratch2.jpg

Inclúe tamén algúns proxectos con Arduino e Processing, e os exemplos propostos para schatch poderíanse desenvolver tamén coa tarxeta arduino.

Pódese descargar po 6 € desde lulu.com, ou tamén podedes mercar o libro encadernado, pero xa son 34 €.

O libro distribúese baixo unha licencia Creative Commons, o que permite distribuír o material como se queira sempre que se faga constar a súa orixe, e tódalas ganancias recibidas serán reinvertidas en novas edicións e en novo material para o seu proxecto tecno-educativo.


2 Comments

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.