convocatorias

mClon na OSHWDem

Se queredes ver de cerca un mClon podedes achegarvos o sábado 10 de novembro á mesa da Industriosa na OSHWDem, estaremos alí.

Achegarse á OSHWDem (Open Source HardWare Demonstration) non só paga a pena por ver un mClon funcionando. Alí podedes ver todo tipo de proxectos libres do máis interesante, podedes participar en competicións de robótica e asistir a charlas e obradoiros.

Vémonos alí!


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *