comunicación

Síguenos en twitter -> @mClonRobot

Se queres estar ao día das novidades sobre o proxecto mClon o mellor é que nos sigas en twitter @mClonRobot. Alí imos adiantando as probas que facemos e a documentación que engadimos a esta páxina. Hai cousas que están a punto de saír, como a información sobre a montaxe, construción e prácticas do servo e dos sensores de luz. Por twitter podedes ir vendo os avances e  anunciaremos cando a información estea lista.

Mañá estaremos na OSHWDem. Se un mClon cae ao chan e se escangalla saberédelo por twitter.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *