Contribucións
Xa hai xente preguntando pola shieldClon (paciencia, que xa falta pouco), o bluetooth, outros sensores, un logo, etc, pero nós sós non podemos facer todo ao ritmo que se demanda. Aínda temos cousas pendentes de documentar, outras que queremos probar, algunhas pequenas modificacións nas pezas, … e a listaxe vai medrando a maior ritmo que o tempo dispoñible para resolver todo o pendente.
Se non sabedes usar GitHub outra opción é que nos enviedes a documentación por correo (mclon@tecnoloxia.org) e engadirémola nós ao repositorio.
Lembrade, o mClon que acabamos de lanzar é o primeiro prototipo deseñado, está en fase de probas e aínda ten moito que medrar e mellorar. Se queredes axudar a que medre máis rápido e mellor tendes o repositorio de GitHub á vosa disposición. Calquera contribución, por pequena que sexa, é benvida e incorporarase a este proxecto que é de todos e de todas.