Xa está dispoñible a shield de mClon: shieldClon
Grazas á colaboración de Xabier Rosas, @XDeSIG, xa temos unha shield para o noso robot preferido. Cortáronlle a melena! :-)
- Na páxina de material tendes a listaxe dos compoñentes necesarios para soldar e montar o robot.
- Na páxina shieldClon, na sección de electrónica, tendes toda a información sobre como soldar e conectar a placa, incluída unha guía de soldadura e os enlaces á documentación.
Animádevos a soldar e contádenos como vai todo. Se tendes calquera suxestión podedes escribirnos ao correo ou participar no grupo de telegram.