Información

Nós non vendemos mClons, só compartimos a información

Cada vez que hai un artigo na prensa que fala do mClon como este último de “El Periódico” recibimos moitas mensaxes preguntando por como mercar un robot mClon, e respondemos unha e outra vez que nós non os vendemos, que só compartimos a información sobre o material necesario, como montalo e como programalo. Toda a información sobre o material necesario está nesta web, concretamente na sección de “material necesario“.

Se ledes as entrevistas que nos fan veredes que sempre insistimos nos conceptos de software e hardware libre, no ánimo de compartir e non comercial, pero tal vez sexan eses titulares destacando un suposto valor de 20€ os que leven á confusión.

Queremos destacar que se mercades os compoñentes para 20 robots en tendas como aliexpress, imprimides vós as pezas, clasificades o material en bolsas, etc. pódevos saír por uns 20€, pero se queredes aforrar todo ese traballo e mercades un kit xa feito pódevos saír o dobre ou o triple. Loxicamente o traballo hai que pagalo. Pero o máis importante deste robot non é o prezo, como insistentemente destacan desde os medios, senón o feito de montar un mesmo o robot, entender como funciona, enfrontarse aos problemas e resolvelos, tunealo, engadir novos elementos, e facelo voso. Iso non ten prezo e constitúe o que realmente lle dá valor.

En fin, que non vendemos robots, só queremos que a robótica se traballe completamente, hardware+software, e por iso compartimos o que sabemos para que a xente poda aproveitalo.

Velaquí vai a recente entrevista publicada:


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará