Podemos usar un display de 7 segmentos e catro díxitos para que o mClon leve cronómetro incorporado, que tamén podemos usar como un simple contador de eventos.
Na páxina do cronómetro-contador podes ver exemplos de programas para o display en mBlock.
Que módulo elixir e como conectalo.
Partimos do cronómetro de Miguel Gesteiro, que podedes ver en GitHub. Utilizamos o mesmo módulo xa que é compatible con mBlock, trátase dun módulo co controlador TM1637 de precio asequible e funcionamento moi sinxelo.
O 4-Digit LED display tube ten catro pins:
- CLK: conectado ao pin 12.
- DIO: pin 11.
- GND e 5V.
Utilizamos catro cables macho-femia de 20 cm.
Soporte alerón
Como o mClon ten pouco espazo libre na parte superior pareceunos boa idea metelo nun alerón aparafusado na traseira. Podedes descargar o STL na páxina de impresión 3D, no cartafol de accesorios e tamén do GitHub.
O alerón vai aparafusado aos saíntes da traseira do chasis e o display vai empotrado no oco do alerón.