Resolve Labirintos
Imos adaptar o mClon para que sexa quen de saír dun labirinto construído con madeira ou cartón. Tamén imos ver como construír o labirinto.
Xa resolvo laberintos! Pero, que sexan sinxelos.
Agora documentar e que a xente me replique pic.twitter.com/QrWEvWiHqs— mClon (@mClonRobot) November 16, 2018
Adaptación de mClon para a proba do labirinto

Neste mClon utilizaremos o sensor ultrasónico para seguir a parede dereita do labirinto e un dos segue-liñas para detectar as paredes que se atope de fronte. Podes descargar os ficheiros STL das pezas na páxina de impresión 3D, de GitHub ou desde Onshape. Están na carpeta 3D/Accesorios/Labirinto
Cambiamos o sensor segue-liñas esquerdo do soporte inferior ao soporte frontal e o dereito temos que anulalo, desconectamos o cable do sinal (D10) para que non nos dea falsos positivos. O sensor ultrasónico temos que colocalo no soporte adaptado, que vai no lateral. Se o mClon ten os LEDs neopixel haberá que cambiar o soporte do LED dereito para deixarlle sitio ao ultrasónico.
Na imaxe pódese observar como é a suxeición ao chasis do soporte frontal do segue liñas e o soporte do ultrasónico.
Construción do labirinto
Se queres ter un labirinto portátil para probas podes descargar os ficheiros STL das pezas de GitHub ou desde Onshape. Están na carpeta 3D/Accesorios/Labirinto
Son catro tipos de pezas, pero as que máis se necesitan son as rectas e as que teñen forma de L. Con elas sostemos pezas de contrachapado de 20×10 cm e 4,5mm de grosor. Tamén podes utilizar cartón ou cartón pluma.
Na páxina “Resolver un labirinto” tes unhas indicacións sobre como programar o mClon para resolver este reto.