Portapilas

É a opción máis sinxela, pero tamén é a opción máis contaminante. Estaremos alimentando con 6V tanto a placa como os motores. Esta voltaxe irá baixando co tempo, a medida que as pilas se van gastando.

En teoría a placa Arduino hai que alimentala como mínimo a 7V a través do conector jack, pero pode ser algo menos se o facemos a través de Vin xa que non pasamos polo diodo de protección. Non é a opción máis recomendable, pero nas probas que fixemos funciona todo correctamente. Iso si, se lle damos moito uso ao mClon haberá que cambiar as pilas con frecuencia, polo que se ben inicialmente resulta unha opción económica a longo prazo non o é.

Material:

  • Portapilas cadrado
  • 4 pilas AA
  • Interruptor
  • Clemas
  • Soporte impreso ou bridas
Pasos a seguir:

Conectaremos o positivo da pila ao interruptor incorporado no chasis, e de alí debemos sacar dous cables, un para alimentar a placa (Ard Vin) e outro para alimentar os motores (VM do Driver). O negativo da pila vai conectado a GND.