Powerbank

É a opción que recomendamos para traballar nos institutos. Podemos cargar a batería por USB cada vez que se descarga. Temos a vantaxe de que a tensión se mantén sempre constante a 5V e que é moi fácil de recargar.

Temos dúas opcións: Utilizar un pequeno cable USB-microUSB ou soldar uns cables que conectaremos á placa.

Opción 1: Con cable microUSB-USB

  • Ventaxa: opción máis económica e fácil.
  • Inconveniente: Os motores aliméntanse a través da placa.
Material:

  • Powerbank e batería 18650
  • Cable microUSB-USB (12 cm)
  • Bridas
Pasos a seguir:

Non usaremos interruptor. Conéctase directamente á entrada microUSB da placa.Para apagar o mClon só desconectaremos o cable do powerBank.

Os motores deben ir conectados ao pin 5V da placa Arduino.

Conexión powerbank
[By mClon CC By-SA]

Opción 2: Con cables soldados

  • Vantaxe: Os motores aliméntanse directamente da batería, polo que o seu consumo non afecta ao funcionamento da placa, resultando unha opción máis eficiente.
  • Inconveniente: Precisa preparación previa.

Material:

  • Caixa powerbank e Batería 18650
  • Interruptor
  • Cables dupont macho 20 cm (negro e vermello)
  • Soldador, estaño.
  • Bridas

Pasos a seguir:

1– Desmontamos a caixa do powerbank con coidado.

2– Para permitir o paso de cables cara fóra, facemos un burato na tapa do powerbank tal e como se ve na imaxe utilizando unha broca de 3mm ou a punta dun soldador. Despois pasamos os cables polo burato deixando os conectores dupont pola parte externa

3– Debemos pelar e estañar os cables deixando uns 2 ou 3 mm, como se ve na primeira imaxe. Despois estañamos os pins externos do conector USB do circuíto do powerbank. Basta con aplicar calor sobre cada pin coa punta do soldador e, tras uns segundos, aplicar un pouco de estaño para deixar unha pinga como se ve na segunda imaxe.

4– Unha vez estañados os compoñentes debemos soldar os cables nos pins xuntándoos e aplicando un pouco de calor. O negativo (negro) debes soldalo no pin da esquerda e o positivo (vermello) no pin da dereita. Despois montamos o circuíto na caixa pasando o cable negro por debaixo do conector da batería para levalo á parte dereita.  Unha vez montado todo poñemos a tapa.

 

5– A continuación suxeitamos o powerbank ao chasis do mClon deixando os cables mirando cara o burato polo que pasamos o cable vermello, tal e como se ve na imaxe.

6- Despois conectamos o interruptor. Nas fotografías aparecen os cables soldados, pero recomendamos usar un conector en lugar de soldar os cables directamente ao interruptor, xa que iso permite cambiar a alimentación.

 

6– Conexión dos cables:

  • O cable negro conéctase a GND
  • O cable vermello conéctase a 5V e ao pin VM do driver de motores.