Powerclon

Sacamos a idea desta alimentación do proxecto “Garabullo” de Diego Lale. Consiste nunha batería de litio 18650 con un step-up para subir a voltaxe a 5V e un cargador de baterías de litio.

Material:

Soldadura:

Esquema:

[Adaptación do esquema de Javier Bravo para Garabullo ]
Pasos a seguir:

Primeiro soldamos os compoñentes tal e como aparece no esquema anterior.

Despois regulamos a saída a 5V exactos. Haberá que lle dar moitas voltas ao parafuso do step-up ata que empeces a notar os cambios no polímetro.

Conectamos unhas clemas ou calquera outro conector entre OUT- do cargador e VIN- do Step-up para conectalo co interruptor do chasis. Teremos tamén uns cables de saída que utilizaremos para alimentar a placa e os motores, como se explicará a continuación.

Montaxe no soporte:

Unha vez soldados os compoñentes debemos colocalos no soporte. Aquí tes unhas imaxes do proceso.

1- Primeiro introducimos a pila. 2- Despois, pola parte posterior, suxeitamos o cargador. 3- A continuación suxeitamos o step-up.

4- Suxeitamos as porcas nos buratos, se fai falta con axuda dun soldador para que funda un pouco o plástico. 5 – Finalmente suxeitamos o soporte ao chasis cuns parafusos.

Conexión ao mClon:

Do Vout+ (5V) do powerClon debemos sacar dous cables, un para alimentar a placa a través do pin 5V de arduino e outro para alimentar os motores (VM do Driver). O negativo (Vout-) do powerClon vai conectado a GND.

Fíxate que estamos alimentando a placa a través do pin 5V. É moi importante que a saída do noso powerClon estea regulada a 5V exactos e non máis, pois se te pasas poderás estragar a placa. No caso de que queiras utilizar o teu powerClon a maior tensión, a conexión debes realizala a través do pin Vin, e nunca a través do pin de 5V.