Cronómetro e contador
Xa que o mClon pode seguir a liña dun circuito e resolver labirintos, ao mellor queres cronometralo. Cun módulo de sete segmentos e catro díxitos podes facelo. Ademais podes contar eventos, mostrar resultados de medicións de sensores, etc. Na páxina “alerón cronómetro” podes ver como se conecta e monta nun alerón.
Neste vídeo podes ver o cronómetro funcionando:
Xa teño un alerón-cronómetro. A documentación estará en breve en https://t.co/z7bMZdES2v pic.twitter.com/8Ga7k6D8mc
— mClon (@mClonRobot) 19 de febreiro de 2019
Programación
Os bloques que tes que utilizar en mBlock son os seguintes:
Se queres que comece o cronómetro ao pulsar o botón e que pare cando algo pase a menos de 10 cm do sensor ultrasónico podes utilizar un programa como este:
Se mesturamos este programa co de segue liñas teremos algo parecido ao exemplo do vídeo.
Para obter o resultado da medida dalgún sensor, por exemplo, a distancia que mide o sensor ultrasónico, utilizamos o seguinte programa:
Retos
- Medidor de luz: colócalle ao teu mClon un sensor de luz e fai que o dispositivo indique canta luz hai na habitación.
- Contador de obstáculos: no reto do segueliñas con obstáculos, no que o mClon ten que esquivar un por cada lado, pode ser útil ter o dispositivo indicando o número de obstáculo que vai esquivar para comprobar que o esquiva polo lado correcto.
- Xogo do cronómetro: fai que o cronómetro comece a contar ao pulsar o botón e que pare ao voltar a pulsar, tentando que pare xusto nos 10 segundos.