Electrónica

Nesta sección explicaremos paso por paso as conexións que hai que realizar para montar a electrónica do mClon.

Terás que elixir previamente:

1- Tipo de shield:

  • ProtoShield. Shield comercial con protoboard para arduino UNO e compatibles.
  • ShieldClon. Shield específica do mClon.

2- Se elixiches protoshiel, elixe o tipo de alimentación:

  • Powerbank (5V)
  • PowerClon (regulable 5V)
  • 4 Pilas AA (6V)

mClon básico

E neste enlace tes o esquema electrónico da placa mBot, de onde obtivemos a información.

Se xa te manexas sen axuda, podes consultar aquí o esquema de conexións da configuración básica.

Accesorios

Aquí iremos poñendo os pins e esquemas dos accesorios que lle engadamos ao mClon.

LEDs RGB Neopixel (conexiónprogramación)

Servomotor (conexiónprogramación)

Sensor de Luz (conexión – programación)

Conectamos a LDR en pull down cunha resistencia de 10kΩ, tal e como se ve no esquema seguinte. Debemos utilizar os pins analóxicos para conectar o sensor á placa. Por exemplo, para os pins A6, A1 ou A3, se usas mBlock, deberás utilizar as instrucións de programación que aparece na imaxe da dereita.

O 4-Digit LED display tube

  • CLK: conectado ao pin 12.
  • DIO: pin 11.
  • GND e 5V.

 

Fotos protoShield

[mClon básico: Placa, protoShield, driver, inversor, resistencia e cables]

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *