Luces de cores
Aquí tes algúns exemplos para traballar cos LEDs RGB. Tes información sobre a conexión e montaxe nesta páxina.
Así o anunciamos en twitter:
Xa teño LEDs RGB!! Na páxina https://t.co/2cUJy6ivcY podes ver como conectalos e nesta outra https://t.co/Cql4kUmRbt explicamos como funcionan e propoñemos algunhas prácticas pic.twitter.com/vJPyjZ7J6S
— mClon (@mClonRobot) 3 de novembro de 2018
Como funcionan
Un LED RGB ( R= red, vermello, G= green, verde e B= blue, azul) é un LED que incorpora tres LEDs no mesmo encapsulado, de xeito que se poden formar miles de cores axustando de maneira individual a intensidade de cada LED. Cada LED RGB neopixel inclúe estes 3 LEDs xunto a un circuíto controlador responsable de recibir os datos do LED anterior e envialos ao seguinte, de xeito que todos os LEDs se controlan desde unha soa liña de datos. No caso do mClon, a tira de LEDs conectarémola no pin 13.
Dependendo da intensidade de cada un dos LEDs RGB obteremos diferentes cores, como podes ver nos seguintes exemplos:
|
|
Tomando outros valores podemos conseguir un total de 256 x 256 x 256 = 16.777.216 cores distintas.
Ollo! Os LEDs RGB neopixel que eliximos para o mClon non son realmente RGB, senón GRB. É dicir, o vermello e o verde están cambiados. Por exemplo, se queres a cor verde debes poñer 255,0,0 e se queres vermello 0,255,0.
Programación
A programación é moi doada. Por exemplo, para que os dous LEDs alumeen coa cor vermella habería que enviar a instrución:
Tamén poderiamos controlar as cores de cada led de forma independente, elixindo LED esquerdo ou LED dereito.
Podemos facer que os LEDs alumeen con cores aleatorias. Habería que crear unhas variables R, G e B e asignarlles uns valores ao chou utilizando o bloque random. Segundo o tempo de espera que poñas cambiará de cor con maior ou menor frecuencia.
Cando programes os LEDS RGB ten en conta que os LEDs quedarán sempre no último estado que adquiran. Se queres apagalos terás que indicalo no programa.
Prácticas
- Modifica o anterior programa para que as cores do LED RGB esquerdo e do dereito cambien de forma independente.
- No programa de seguir unha liña, fai que cando o mClon vaia dentro da liña os dous LEDs estean apagados, cando saia da liña pola dereita o LED dereito se poña vermello, cando saia pola esquerda se poña vermello o LED esquerdo, e cando o robot estea cos dous sensores fóra da liña se poñan os dous LEDs vermellos.
- Nos programas de detectar obxectos, na práctica do aparcacoches fai que os leds cambien de cor segundo a distancia.