Seguindo a luz
Imos utilizar un ou dous LDR para equipar o mClon con sensores de luz en cada lado ou nun dos laterais. Toda a información sobre os soportes e os sensores na páxina sobre o sensor de luz.
Programación
O sensor de luz é un sensor analóxico que dará valores entre 0 e 1023.
Cómpre que antes de programar o mClon para que se mova seguindo a luz fagamos unha comprobación dos valores de luz que obtemos na habitación na que fagamos as probas. Para elo facemos o mesmo que nas probas de funcionamento co sensor ultrasónico, pero cos bloques dos sensores de luz.
Sabendo que valor ofrece cada sensor cando o alumamos cunha lanterna e cal cando está a ser alumado soamente coa luz ambiental xa podemos facer un programa sinxelo para que o mClon siga a luz. No exemplo da imaxe inferior os sensores medirían como luz ambiente un valor un pouco inferior a 400.
Se tes présa acende unha lanterna, apaga a luz da habitación e utiliza un valor baixo, por exemplo 100, como luz ambiente.
Con este programa o mClon avanza cando é alumado nos dous sensores ao mesmo tempo, e vira cara a luz cando só e alumado un dos seus sensores.
Retos
Cun sensor
O mClon xira continuamente ata que alumeemos o sensor cunha lanterna, entón avanza cara á luz.
Con dous sensores: que siga a luz.
Tes que conseguir que o mClon avance cando non exista diferencia entre a luz que recibe cada un dos sensores, e que xire cara á luz cando a diferencia entre a luz que reciben supere un determinado valor, por exemplo 200.
O segue luz non e moi espectacular, pero ten dous ….
LDR pic.twitter.com/wNyDp1O5Hp— mClon (@mClonRobot) 10 de novembro de 2018
Circular polo labirinto, con dous sensores.
Coloca os sensores apuntado cara arriba e programa o mClon para que circule amodo, podendo escapar dun labirinto sen tocar as paredes seguindo a luz dunha lanterna. Cada mClon empeza con 10 puntos. Cada vez que toca unha parede descóntase un punto. Gaña o mClon que chegue á meta con máis puntos no marcador.