mClon

tecnoloxia.org | A Industriosa

Material necesario

Poñemos aquí uns enlaces a tendas online nas que se poden adquirir os compoñentes necesarios para montar o mClon. Pode que co paso do tempo muden de prezo, cambien de lugar ou incluso desaparezan. En calquera caso esperamos que esta páxina siga servindo de guía.

Como para os centros de ensino cómpre ter factura das compras, hai que elixir tendas nas que nolas podan proporcionar. En Banggood ou Aliexpress pódense atopar mellores prezos, pero pode haber problemas coas facturas ou coa aduana. Unha opción para acadar factura en aliexpress témola nesta páxina. Porén, sería interesante que algunha tenda puidese ofrecer o kit para mClon a un bo prezo e ben xustificado mediante factura oficial.

Antes de nada mira as diferentes opcións existentes. Despois busca o material que necesitas e fai un cálculo estimado do custo do teu mClon. Sae máis económico montar varios xuntos ca un só, xa que moitos dos compoñentes se conseguen a mellor prezo mercando paquetes en vez de individualmente.

Tes a información dividida en catro páxinas:

  1. Estrutura e placa
  2. Elixe: opción con protoShield ou opción con shieldClon
  3. Unión e ferramentas
  4. Compoñentes opcionais

BOM

Podes descargar as follas de cálculo do BOM do mClon protoShield neste enlace e a do mClon ShielClon neste outro. No BOM do ShielClon hai unha folla cos compoñentes comúns que necesitas para montar o mClon.




     

4 Comments

  1. Hola,
    Muy interesante el mclon. Estoy pensando en hacer uno. Ya tengo un mbot.

    Como mis conocimientos son básicos y la soldadura acabo destrozando las pistas, me interesa la opción shieldclon. Según indicas está pendiente de hacer, pero ¿Qué habría que buscar?

    Disculpa que no escriba en gallego pero no lo hablo

    • La shieldClon aún no está lista. Estamos probando una placa. En cuanto la tengamos publicaremos toda la información.

      La opción con menos soldadura es utilizar la protoshield, pues las conexiones se realizan pinchando cables dupont. Lo único que hay que soldar es el driver y los cables de los motores.

  2. Me parece genial el trabajo qué estáis realizando de divulgación de vuestros proyectos que sin duda ayudan y van a ayudar mucho a los profesores y alumnos españoles. En unos días montaré mi primer mClon y quizá me anime e incluya algún kit en mi tienda. Un saludo

Deixa una resposta a Jorge Cancelar a resposta

Required fields are marked *.