Unión e ferramentas

Para a montaxe necesitarás algúns compoñentes de ferretería e ferramentas. Non poñemos enlaces ou prezos, pero tamén podes atopalos en tendas online.

Unión e suxeición

  • 4 parafusos M3x25 (motores)
  • 10 parafusos M3x10 (soportes sensores)
  • 18 porcas M3
  • 10 tirafondos 2×10 mm ou 2,5×10 mm (rodas e placa)
  • 2 Bridas ou velcro (no caso de usar powerbank)
  • Clemas pequenas ou calquera outro conector.

Ferramentas

  • Soldador e estaño para soldar os pins do driver ou no caso de elixir a ShieldClon
  • Desaparafusadores para os parafusos da estrutura e soportes e para as clemas
  • Alicates para suxeitar pezas
  • Limas pequenas para eliminar soportes e imperfeccións nas pezas impresas.