mBlock

Podemos programar o mClon co software mBlock ou directamente co IDE de arduino. Nesta sección atoparás prácticas e retos de programación con mBlock.

Non imos explicar aquí todos os bloques de mBlock. Partimos de que o alumnado xa ten experiencia na programación con Scratch e coñece as estruturas de control, operadores, variables, etc.

Instalación e configuración de mBlock

Comezaremos programando o noso mClon coa contorna de programación gráfica mBlock, baseada en scratch, tal e como fariamos cun mBot comercial, polo que non teremos que instalar ningunha extensión a maiores. A páxina de descarga é esta: http://www.mblock.cc/

Unha vez instalado, seleccionamos o idioma (algún día enviaremos a tradución a galego), a extensión (Makeblock) e a placa (mBot):

Conexión do mClon

Ao tratarse dun robot móbil, as prácticas e retos propostos aquí implican descargar os programas na placa para que o robot funcione de forma autónoma. Descartamos a conexión co ordenador por ser moi lenta e pouco operativa para as prácticas que desexamos facer.

Os pasos son:

  • Apagamos o mClon desconectando a alimentación
  • Conectamos o mClon ao ordenador co cable USB. Recibirá alimentación a través do mesmo.
  • O programa deberá detectar automaticamente o porto ao que está conectado e deberá aparecer como se ve na imaxe seguinte. Se non o detecta pode que teñamos que instalar o driver de arduino.

Cargar un programa no mClon

Para cargar un programa na placa debes seleccionar o “modo Arduino” e esconder o escenario, que non imos usar.

Abrirásenos unha xanela co código para gravar. Dámoslle a “Upload to Arduino” para almacenalo na placa do mClon.

Unha vez cargado o programa o robot estará listo para executar as instrucións que lle deamos.

Visualización de datos

Aínda que vaiamos traballar cargando os programas na placa do mClon en modo arduino, ás veces si que necesitaremos traballar conectados ao ordenador, por exemplo, para visualizar os datos que reciben os sensores.

  • Conecta o cable USB
  • Conecta mClon no porto serie
  • Resetea o arduino. Isto quitará o noso programa e deixa o mClon co programa por defecto do mBot.

Agora imos visualizar o valor que nos dá o sensor ultrasónico. Pódelo facer para calquera outro sensor.

Fíxate que utilizamos o bloque de eventos de presionar a bandeira verde, e non ao de mBot program. O boneco do mBlock nos dirá a lectura do ultrasónico.

 

 


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *