O IDE de Arduino
Non imos ensinar nesta sección a programar co IDE de Arduino desde cero, senón que partimos de que o alumnado xa ten uns coñecementos mínimos e algo de práctica na programación. Por exemplo, xa ten realizado as prácticas da web sobre arduino e como proxecto deben montar e programar un mClon e engadirlle (incluíndo o deseño das pezas) novos sensores ou actuadores para resolver determinados retos.
A placa e a electrónica
Para programar co IDE de Arduino debemos coñecer os pins nos que están conectados os diferentes sensores. Está toda a información na páxina de electrónica.
Eliximos a placa RobotDyn e esta conexión dos elementos para que o mClon fose compatible co programa mBlock para mBot. Pero se vas programar co IDE de Arduino tes máis liberdade para conectar os diferentes elementos noutros pins diferentes, utilizar unha placa Arduino UNO e engadir os sensores e actuadores que desexes sen pensar na compatibilidade con mBlock.
Cargar o programa
En calquera dos casos, RobotDyn UNO ou Arduino UNO, o programa cárgase seleccionando a placa “Arduino/Genuino Uno”.