O robot en movemento
Imos facer unha prácticas para controlar o movemento do robot.
Programación:
No inicio do programa imos poñer sempre a instrución de que agarde a que o pulsador estea premido para evitar que comece a moverse nada máis cargar o programa e nos dea tempo a poñelo no chan.
Para controlar o movemento do robot podes utilizar o bloque que controla ambos motores, indicándolle o movemento (adiante, atrás, esquerda ou dereita) e a velocidade (de 0 a 255). A continuación engade a instrución de agardar o tempo que queres que realice ese movemento. Lembra que se despois non lle dás a orde de parar non o vai facer.
Se queres que o robot avance e xire ao mesmo tempo, podes darlle instrucións a cada roda por separado. Xirará no sentido da roda que vaia máis lenta.
Prácticas:
Para practicar todos os movementos
Deseña un programa que execute as seguintes accións consecutivas:
Cando prememos no pulsador:
-
O robot avanza durante 1 segundo.
-
O robot xira 1 segundo cara á esquerda
-
O robot retrocede durante 1 segundo
-
O robot xira 1 segundo cara á dereita
-
O robot avanza xirando cara á esquerda durante 2 segundos
-
O robot avanza xirando cara á dereita durante 2 segundos
-
O robot detense.
Baile
Pon música e fai que o mClon se mova ao ritmo dela. Movemento libre, pero con ritmo!
Retos:
Rodear lata
Sitúa o robot a 15 cm dunha lata de refresco. Debes programar os movementos necesarios para que a rodee sen tocala e, unha vez rodeada, avance na mesma dirección que tiña inicialmente.
Xira cara á esquerda -> avanza -> avanza xirando cara á dereita -> xira cara á esquerda -> avanza, … Controla as velocidades dos motores e os tempos para que o robot rodee a lata sen chocar contra ela.
Giant slalom
Coloca 3 latas no chan separadas unha distancia entre si. Os mClons deberán facer o percorrido esquivando as latas sen desprazalas nin derrubalas. O que chegue a meta no menor tempo gaña.