O zumbador
Temos un zumbador conectado no pin D8. Para facer que emita unha nota podemos utilizar a función tone(pin,frecuencia,duración). Por exemplo, se queremos que o zumbador emita unha melodía programamos todas as notas de forma consecutiva dentro dunha función e invocámola cando queremos que se execute:
// Declaración de variables:
const int zumbador=8; // Definimos o zumbador no pin 8
// Configuración:
void setup(){
pinMode(zumbador,OUTPUT); // Configuramos o pin 8 como saída
}
// Función
void melodia(){
tone(zumbador,1000,200); // 1000 Hz durante 0.2s
delay(400); // Agarda 0.4s
tone(zumbador,1500,300); // 1500 Hz durante 0.3s
delay(400);
tone(zumbador,2000,500); // 2000 Hz durante 0.5s
delay(400);
noTone(zumbador);
}
// Bucle:
void loop(){
while(analogRead(A7)>100); // agardamos mentres non se prema o botón
while(analogRead(A7)<100); // agardamos a que se solte
melodia(); // soa a melodía
}
Prácticas
- Melodía: Crea unha melodía que che guste e fai que se execute no inicio dun programa.
- Aparcacoches: Fai que a medida que un obxecto se achegue ao sensor ultrasónico soe un ton máis agudo, como na axuda ao aparcamento que teñen algúns automóbiles. Despois engade que a medida que se acerca un obxecto o intercalo entre pitidos se vaia facendo máis curto (podes utilizar a función map para facer unha correlación).
