Opcións

Segundo os recursos dos que dispoñas ou das túas necesidades e preferencias, podes elixir como queres construír o teu mClon.

Opcións de estrutura

Nun principio só engadiremos instrucións de montaxe para o chasis impreso, e non para as outras opcións.

Pezas impresas

Chasis comercial

Para quen dispoña de impresora 3D

Vantaxes:

  • Xeometría similar ao mBot, polo que se comportará de maneira similar.
  • Adaptable.

Inconvenientes:

  • Tempo de impresión.
Para quen non dispoña de impresora 3D

Vantaxes:

  • Económico e rápido. Inclúen motores e rodas.
  • O de aluminio ten unha xeometría similar ao mBot, polo que se comportará de maneira similar

Inconvenientes:

  • O de metacrilato é o máis económico, pero non ten a mesma xeometría có mBot, polo que se comportará de diferente maneira.
  • O de aluminio é o menos económico de todos.
  • Necesítanse estruturas para suxeitar os sensores

Opcións de placa

Arduino UNO

Robotdyn UNO R3

Vantaxes:

  • Soe haber nos institutos, polo que non habería que mercala se se quere montar a configuración mClon básica.

Inconvenientes:

  • Non ten os pins A6 e A7, polo que non se pode usar a instrución de pulsador da placa (conectado no A7), importante para dar a orde de comezar o programa cando se pulse. No seu lugar pódese conectar un interruptor no pin standby do driver dos motores para apagalos e acendelos a vontade. O sensor de luz “abordo” do mBot vai conectado no pin A6, que tampouco ten o Arduino UNO, pero poderíase conectar o sensor a outro pin sen problema.
Recomendamos esta opción

Vantaxes:

  • Ten os pins A6 e A7, polo que habilita as instrucións do pulsador e do sensor de luz “abordo”.
  • Compatible con Arduino UNO

Inconvenientes:

  • Hai que mercar esas placas para construír os mClons e non se reutilizan outras que poda haber dispoñibles nos centros.

Opcións de shield

Shield con Breadboard

ShieldClon

Vantaxes:

  • Rápido de montar.
  • Non hai que soldar, agás o driver dos motores, pero que se pode mercar soldado aínda que moito máis caro.

Inconvenientes:

  • Moitos cables que se poden desconectar facilmente coa manipulación dos robots.

Axeitada a partir de 3º ou 4º de ESO. No caso de que se desconecten os cables o alumnado sabería conectalos de novo. Moi confusa para alumnado máis pequeno.

Vantaxes:

  • Menos cables soltos que se podan desconectar ao manipular o robot.

Inconvenientes:

  • Máis tempo de montaxe, pois hai que soldar compoñentes.

Recoméndase a montaxe nos grupos superiores ou en grupos reducidos. Pode traballar cos robots o alumnado máis pequeno.

Opcións de alimentación

Para o robot con protoShield ofrecemos tres opcións de alimentación:

Powerbank (5V)

PowerClon (5V)

Pilas AA (6V)

Vantaxes:

  • Conector económico.
  • Reciclaxe de baterías de portátiles
  • Inclúe protección contra curtocircuíto, sobre-carga e sobre-descarga

Inconvenientes:

  • Diferentes tamaños
  • Bloquea o burato central para o servo.

 

Vantaxes:

  • Tensión de saída regulable a 5V
  • Reciclaxe de baterías de portátiles
  • Ocupa pouco espazo
  • Permite aprender sobre alimentación, carga e baterías

Inconvenientes:

  • Máis traballo de soldadura e montaxe.

 

Vantaxes:

  • Portapilas moi económico.

Inconvenientes:

  • A tensión de alimentación irá baixando a medida que as pilas se desgastan.
  • A saída de 5V da placa quedará por debaixo dos 5V.
  • Moito gasto de pilas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *