mClon

[1º prototipo by mClon CC By-SA]
É un proxecto de hardware e software libre. Pode ser montado por calquera que o desexe, adaptándoo aos seus propios propósitos, necesidades ou desexos.
Por que un clon de mBot?
Situación de partida

[mBot de MakeBlock]
Ademais, os centros de Educación Secundaria foron dotados cunha impresora 3D.
O problema
É moi complicado traballar en clases de máis de 25 alumnos e alumnas se temos poucos robots dispoñibles, pois o alumnado debe agardar moito tempo para probar o seu programa. Fan falta máis robots para poder traballar de forma aceptable. Os robots da casa MakeBlock teñen un prezo de máis de 80€, batería aparte, por non falar dos sensores e extras, polo que non é posible para un centro con carencias de recursos a adquisición dos kits comerciais necesarios para poder traballar nun grupo numeroso.
Outro problema que observamos é que cos kits de robótica educativos comerciais apenas se traballa o hardware. Móntase o robot e as actividades baséanse exclusivamente na programación do mesmo. Sen embargo consideramos que a robótica non é só programación, senón que abrangue un conxunto de tecnoloxías (mecánica, electricidade, electrónica, deseño, programación, …) todas necesarias e importantes e que se deben traballar. Necesítase un robot que permita que o alumnado entenda o seu funcionamento, por que se comporta dunha determinada maneira, non só polos programas cargados, senón tamén pola súa electrónica. E tamén que permita que o alumnado poda adaptalo deseñando novas pezas ou engadíndolle funcionalidades conectando novos sensores e actuantes.
A nosa idea
mBot de MakeBlock é hardware e software libre, están publicados os esquemas e estruturas, está baseado en Arduino, … por que non montar un robot que se programe co mesmo software que mBot e que se comporte de maneira similar? Pois iso fixemos, un clon de mBot: mClon.Desa maneira podemos traballar na aula con mBots e mClons facendo as mesmas prácticas e resolvendo os mesmos retos. Os programas feitos cun mBot son transferibles e un mClon e viceversa. O baixo custo permite ter un robot por cada parella de alumnos e alumnas, polo que o aproveitamento didáctico é moito maior.
Tamén incorporamos ao proxecto unha serie de prácticas e retos para poder traballar na aula. Ademais, construíndo o mClon desde cero, que inclúe o deseño e impresión de pezas e o conexionado electrónico, fai que o valor educativo e a aprendizaxe sexa moito maior que co mBot comercial, pois trabállase tanto o software como o hardware.
A partir de agora
Sacamos uns primeiros prototipos, pero o proxecto segue aberto para poder ir ampliándoo segundo as necesidades. Pódense mellorar os deseños 3D, ampliar o robot con novos sensores e actuantes, engadirlle funcionalidades, etc. Calquera achega da comunidade será benvida e incorporarase ao proxecto.