O sensor de luz ou LDR
A variación de resistencia provocará diferentes valores de voltaxe no pin no que está conectado. Debe ser un pin analóxico pois podemos obter moitos valores intermedios entre 0 e 5V dependendo da luz que incida. Os valores poderán variar desde 0 a 1023.
Por exemplo, se conectamos a LDR en pull-down como se ve no esquema,
- Se non hai nada de luz a resistencia da LDR será moi elevada, e o pin estará a 0V (0)
- Se hai moita luz, a resistencia da LDR será moi pequena e o pin estará a 5V (1023)
Realmente nunca imos obter eses valores extremos, pero si moitos dentro do rango 0-1023.