Os sensores IR de liña
Os sensores de liña do mClon consisten en dous compoñentes: un emisor de luz infravermella (Led IR) e un receptor (fototransistor).
- Cando a luz do emisor IR incide sobre unha superficie branca, reflíctese e chega ao fotorreceptor, que envía un 1 ao pin da placa ao que esa conectado.
- Se, pola contra, incide sobre unha superficie negra, a luz é absorbida, e apenas chegará ao receptor, que enviará un sinal 0 ao pin de placa.
Dese xeito o robot pode distinguir entre branco e negro e poderemos programar, por exemplo, seguir unha liña no chan.