Servomotores
Motores de corrente continua
Os motores que usamos para que o mClon se desprace son motores de corrente continua con redutora. O único que podemos controlar é o seu sentido de xiro e a súa velocidade. No mClon facémolo a través dun driver ou controlador de motores.
Non ten precisión ningunha, pois non temos ningún sistema que permita coñecer e controlar a posición do eixe, polo que non poderiamos, por exemplo, ordenarlle que xire 90 graos.
Servomotores
Neste caso si podemos controlar a posición e o xiro de maneira máis ou menos precisa e utilizalo, por exemplo, para incorporar ao mClon un brazo, unhas pinzas, unha cabeza que xira de lado a lado ou o que queiras inventar.