tecnoloxia.org

Tecnoloxía na Educación Secundaria

Minifontes de alimentación

cargador móbilTiña pensado facer con 4º de ESO unhas fontes de alimentación para os proxectos, como vin en obsoletos, pero botóusenos o tempo enriba e xa non nos dá tempo, así que querará para o curso que vén.

O tema é que temos no taller unha chea de cargadores de teléfonos móbiles que nos serven para os proxectos, pero que teñen o inconveniente de que cada un dános unha tensión diferente.

Para moitos circuítos eléctricos dános igual un voltio arriba ou abaixo, pero cos circuítos electrónicos hai que ter máis coidado.7805.jpg

Unha solución é utilizar un regulador de tensión como o que ves na imaxe (7805)

Calquera tensión comprendida entre 7 e 36 V á entrada (primeira pata) dá como resultado 5V á saída (terceira pata). A pata do medio é a que se conecta a terra. Dese xeito sempre teremos 5 V na saída, independientemente do cargador que conectemos.

Este sería o circuíto que propoñen en obsoletos, que tamén conta cun interruptor e un LED indicador:

fonte-5v.jpgfonte-5v2.jpg

Nós farémolo doutro xeito. No canto do conector de pilas utilizaremos unhas regletas de conexión ou clemas nas que poidamos conectar os cables cortados dos cargadores ou o que queiramos. E na saída tamén poremos ouras clemas no lugar dos pins para protoboard, facéndoo máis versátil e que nos valga tanto para pinchar na protoboard como para os proxectos con circuítos eléctricos sinxelos.

En Obsoletos tamén nos dán outro esquema de fonte de alimentación regulable, esta vez con amplificadores operacionais, pero para traballar na ESO prefiro as fontes fixas, xa que hai o mal costume de que, cando un circuíto non funciona, subirlle a tensión por se o problema é a falta de voltios, provocando o estrago dos compoñentes. Así que mellor fixas.

Bueno, aínda no rematou o curso e xa imos tendo traballo para o que vén.


2 Comments

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.