tecnoloxia.org

Tecnoloxía na Educación Secundaria

O aceiro

Aquí tedes uns vídeos que vos poden servir para entender mellor o proceso de obtención do aceiro.

1. O alto forno

No alto forno obtemos arrabio a partir do mineral de ferro, carbón do coque e calcaria. O arrabio, ferro bruto ou ferro-gusa é ferro con alta cantidade de carbono e impurezas.

  • O carbón de coque quéimase como combustible para formar monóxido de carbono CO, e eleva a temperatura do forno.
  • Os óxidos férricos do mineral reaccionan co monóxido de carbono para formar ferro metálico e dióxido de carbono.Fe2O3 + 3 CO → 3 CO2 + 2 Fe
  • Outras impurezas do mineral de ferro reaccionan coa calcaria para formar a escoura.

alto_forno.gif

Neste vídeo explícannos o proceso:


[youtube: Funcionamento do Alto Forno e Obtenção do Ferro Gusa]

2. Forno de afino. Convertedor de osíxeno

78-57 Pouring into service ladle Bessemer Converter YST 5677.jpgO arrabio ten impurezas e unha cantidade de carbono moi elevada polo que debe ser tratado, xunto cunha porcentaxe de ferralla e fundente, nun convertedor de osíxeno de onde obtemos un aceiro líquido cunha porcentaxe de carbono axeitada.

Engádenselle tamén elementos de aliaxes que fan mellorar as súas propiedades.

Neste vídeo podemos ver o proceso:

[youtube: Producción del acero]

3. Forno eléctrico

Unha acería eléctrica produce aceiro a partir de ferralla mediante un forno eléctrico de arco. A materia prima utilizada é ferralla, fundente (cal) e ferroaliaxes.

Neste vídeo podemos ver un forno eléctrico en acción:


[youtube: Horno electrico fundiendo chatarra]

4. Coada

O aceiro líquido obtido do convertedor ou do forno eléctrico solidifícase mediante coada convencional (sobre moldes) ou coada continua (o metal líquido vértese nunha lingoteira de fondo aberto, e vaise desprazando e arrefriando)

Neste vídeo podemos ver o proceso de coada continua:


[youtube: colada continua de palanquillas]

5. Laminación

laminacion.gifA laminación consiste en facer pasar o aceiro solidificado entre roletes ou cilindros xiratorios para reducir a súa sección transversal e aumentar a súa lonxitude.

A laminación pódese facer en quente ou en frío.

Neste vídeo pódese ver como é o proceso de laminación:


[youtube: Steelmaking: Rolling]

Podes ver tamén esta interesante animación da “Asociación para la Promoción Técnica del Acero” (APTA):


Deixa unha resposta

Required fields are marked *.