tecnoloxia.org

Tecnoloxía na Educación Secundaria

OAWR, robot andante que evita obstáculos

Acabo de ver en Instructables un simpático robot andante que evita os obstáculos que se atopa no camiño.

O circuíto é moi sinxelo, similar ao coñecido “pegatortas” que xa temos feito en clase, pero a diferencia fundamental radica en que non utiliza rodas, senón patas.

OAWR

A maior dificultade que lle vexo é cortar as pezas de plástico se non se teñen as ferramentas axeitadas, pero non o resto da montaxe.

Na web de instructables tes toda a información para montalo paso a paso.

Tamén podes ver as instrucións para montar outros robotiños no especial “Robotics“, un dos capítulos do libro “The Best of Instructables Volume 1”

instructablesinstructablesinstructables


4 Comments