tecnoloxia.org

Tecnoloxía na Educación Secundaria

OpenSCAD

Engadín unha nova sección no menú de Impresión 3D cunha introdución ao programa de debuxo OpenSCAD, que permite debuxar programando.

O interesante desta aplicación é que podemos xerar modelos paramétricos, recursivos, aleatorios, … e tamén aprender a programar debuxando :-)

Son exercicios moi básicos para coñecer a ferramenta e empezar a debuxar con ela. Para crear modelos máis complexos habería que saber máis cousas, pero penso que a sección cumpre co mínimo. Se máis adiante teño tempo irei ampliándoa con máis contido.

Podedes acceder desde aquí: https://tecnoloxia.org/impresion3d/openscad/

         


Deixa unha resposta

Required fields are marked *.