Boeing 777

Dende logo que non é tan rápido e doado como parece ó velo neste vídeo, pero pódeste facer unha idea do proceso de construción dun avión: Boeing 777.


Se te preguntaches algunha vez cómo é posíbel que un avión tan pesado voe, podes visitar unha animación flash de consumer no que se explica de xeito elemental Por que voa un avión? (clica aquí para ver a animación na pantalla completa)


Robocampeones

Nun par de semanas no IES Primeiro de Marzo de Baiona teremos 5 robots NXT de Lego Mindstorms grazas a axuda do MEC para o establecemento de agrupacións de centros educativos.

Unha das actividades programadas é a participación en robocampeones 2008, que se desenvolverá na Escola Técnica Superior de Enxeñería de Telecomunicación na Universidade Rey Juan Carlos en Madrid.

Para ir quentando motores e facernos unha idea do que imos facer alí, podedes ver o vídeo oficial da competición do 2007.

Este ano mantense a proba de fútbol e introdúcese unha proba de rescate. Podes descargar aquí o reglamento oficial.

Ánimo!


Google non é unha fonte

Profe- Onde atopaches a información para elaborar o teu traballo?
Alumno/a – En google!

Máis dunha vez atopeime con isto. Google non é unha fonte, e tampouco é internet, nin un navegador, nin o único buscador. É certo que moitos e moitas de nós temos google como páxina principal do navegador e recorremos a el para calquera procura de información na rede, pero a información non nola ofrece google, senón as páxinas ás que nos dirixe. Axúdanos a buscar, pero non responde ás nosas preguntas, non é a fonte de información.

Buscando algún exemplo (con axuda de google) para explicar isto na clase, atopei unha tira de banda deseñada moi interesante (grazas deakialli)

12
Merv: – Axudarasme co meu ensaio?
Dewey: – Cal é o problema?
Merv: – Ó meu profesor non lle gustan as citas.
Dewey: – “Google! Google! Google! “. Google non é unha fonte. É como un bibliotecario: Indicámoste as fontes. Pero non contestamos ás túas preguntas.
Merv: – (decepcionado) Seguro que non.

Tamén podes ver unha versión da tira cómica en galego
versión en galego


Resolto o concurso de cartaces para as VIII Xornadas de Tecnoloxía de Galicia

O cartaz gañador é o realizado por Cristina Iglesias, alumna de 4º de ESO do IES “Fermín Bouza Brei” de Vilagarcía de Arousa.

Podes ver en Flickr a galería de traballos presentados

Grazas ó alumnado do IES Primeiro de Marzo por participar. Outra vez será.

(fonte: apetega)