No vídeo reproducido a continuación podes observar un motor de explosión. Está filmado dende dentro mediante unha cámara que resiste alta temperatura.
[youtube: In Cylinder Video]
No vídeo reproducido a continuación podes observar un motor de explosión. Está filmado dende dentro mediante unha cámara que resiste alta temperatura.
[youtube: In Cylinder Video]
O xornal “La Voz de Galicia” busca tecnoloxía obsoleta. Invitan a que lles envíes unha foto para completar a súa galería de reliquias tecnolóxicas. Aquí tes máis información.
Das imaxes que vin na galería, eu quédome co “Pong”. Considérase que foi o primeiro videoxogo, polo menos o primeiro que se fixo popular, disto xa hai uns 30 anos. Este trebello electrónico conectábase á tele, que daquela era en branco e negro, e mediante uns cursores debías controlar as raquetas para evitar que pasara a bola. Lembro que se podía seleccionar “con ángulo” ou “sen ángulo”. En fin, toda una reliquia do pasado.
Nesta páxina podes botar unha partida, aínda que non é o mesmo, por suposto que era moito mellor na tele.
Incorporar un circuíto electrónico á roupa pode resultar unha idea estupenda para darlle un toque persoal e creativo á indumentaria, pero coidado con levala posta a un aeroporto, pois poden pensar que é unha bomba. Pasoulle iso a unha rapaza norteamericana de 19 anos, estudiante de tecnoloxía, que levaba pegado no xersei unha protoboard na que tiña montado un circuíto con LEDs e que funcionaba cunha pila de 9 voltios. O inofensivo atuendo tecno-artístico da rapaza custoulle que a detiveran a punta de pistola e que a acusaran de “posesión de un dispositivo falso e de desordeâ€.
Sen embargo, o de levar electrónica incorporada na roupa non é algo novo. A moda e a tecnoloxía únense para crear novas prendas con novas utilidades.
Aínda que de momento no se comercialicen de forma económica e xeneralizada, xa se poden atopar no mercado chaquetas con células solares nas costas para poder cargar todo aquelo que pensas meter nos petos (reproductor de mp3, PDA, móbil, etc), roupa que incorpora música , cazadoras con ventiladores (ver), prendas luminosas que incorporan unha película flexible con LEDs, batería e o circuíto que controla os LEDs e que recibe as mensaxes a amosar mediante unha mensaxe SMS, ou prendas con microsensores incorporados que permiten medir o ritmo cardíaco, a presión arterial a temperatura ou a humidade. Hai pouco que coñecemos a invención dun bikini capaz de medir os raios UV e avisar por medio dunha alarma. Tamén atopamos unas zapatillas deportivas que conteñen un microprocesador integrado que vai aprendendo dos patróns de movemento da persoa usuaria para axustarse a ela, ou camisolas con detector de sinal sen fíos (wi-fi) incorporado
Pero non todo é electrónica, a incorporación de novos materiais na fabricación téxtil permite a fabricación de traxes camaleónicos que cambian de cor segundo as condicións de luz e humidade do ambiente, ou a regulación da temperatura do corpo mediante uns tecidos que reaccionan ao suor da pel. Tamén hai inventados uns fíos electroluminiscentes que, alimentados con baterías, fan que a roupa brille na escuridade.
Nada, que os policías dos aeroportos teñen que poñerse ao día, e non escandalizarse por un circuíto electrónico luminoso caseiro que pode facer calquera estudante de tecnoloxía de 4º da ESO.
Quedan poucos días para que comecen as clases. Poño a vosa disposición, se vos resulta útil, un recursos sobre electricidade e o ordenador, aos que podedes acceder dende o panel esquerdo. Faltan algunhas cousas que irei engadindo cando teña tempo.
Ao longo do curso irei subido outros contidos que teño medio feitos (electrónica, pneumática, mecanismos, etc).
O material que presento está baixo unha licenza creative commons, así que xa sabedes, podedes
Baixo as condicións:
O máis importante: que vos resulte útil e que serva para que o alumnado aprenda tecnoloxía.
Que pesados coas unidades! deben de pensar moitos alumnos e alumnas cando insistimos en que as indiquen correctamente. Pero é que non é para menos. Aquí vai un exemplo das consecuencias que pode ter non indicar correctamente as unidades de medida:
En setembro de 1999 a sonda espacial Mars Climate, enviada pola NASA para manterse na órbita de Marte e estudar o seu clima, estrelouse contra a súa superficie e quedou completamente estragada. Segundo fontes da NASA, o desastre debeuse a un erro nas unidades dos datos que se subministraron ao ordenador de abordo.
Resulta que na construción participaron empresas diferentes, e utilizáronse distintos sistemas de unidades para o deseño e construción da sonda espacial e para a programación dos sistemas de navegación. No primeiro caso os datos viñan expresados no sistema inglés de unidades (pés, millas, libras, …) mentres que no segundo caso utilizouse o Sistema Internacional de Unidades (S.I.) (metros, kilogramos, …)
Os datos e cálculos que fixo a empresa encargada do deseño da sonda espacial (sistema inglés) foron enviados á empresa encargada de programar os sistemas de navegación (que utiliza o Sistema Internacional), pero grave erro!, os datos enviáronse sen especificar as unidades de medida utilizadas, e a segunda empresa interpretounos como se estiveran expresados no S.I.. O resultado foi que os ordenadores da nave realizaron uns cálculos erróneos e situaron a nave nunha órbita equivocada, o que provocou o desastre.
Fonte: El rincón de la ciencia